Comarcas

Ponse en marcha a depuradora de Fonte María, en Arbo

depuradoraA posta en funcionamiento da depuradora de Fonte María, en Arbo, é xa unha realidade logo de que concluísen as rozas e limpezas no perímetro exterior e no interior desta infraestrutura, así como  a retirada dos elementos deteriorados e obsoletos.

Según indicou o alcalde, “retiramos os residuos a través dun xestor autorizado, de cara a extraer os lodos do seu interior e acometeuse a reparación dos depósitos, realizando un saneamento das fisuras das paredes para garantir a non existencia de fugas, cambiáronse as tubaxes que realizan a inxección de aire no fondo do depósito principal por unhas que evitan a ferruxe».

O Concello recibiu, para a realización desta obra, unha subvención de máis de 35.000 € e, tamén, contou cunha axuda de 15.453 máis procedente da liña competitiva do Fondo de Compensación Ambiental que permitiu afrontar gastos de recollida de residuos sólidos urbanos.

En relación a esta liña de axudas en réxime de concorrencia competitiva e non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, destínase máis de 1,1 millóns de euros aos concellos pontevedreses.

A mesma abrangue dúas liñas de axudas: en concorrencia non competitiva, que  está destinada a aqueles concellos que acollen no seu territorio instalacións de aproveitamento eólico cun total de 832.700 € de subvención, e outra  liña competitiva, á que  puideron optar a totalidade das entidades locais galegas que contan con proxectos medioambientais axustados á convocatoria. Nesta liña, os concellos da provincia de Pontevedra recibiron 305.000€ do Goberno de Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.