Comarcas Destacados

Comezan as obras de reparación e ampliación da estrada de Tuimil, en Redondela

redondela-estrada-tuimilO Concello de Redondela xa está levando a cabo as obras de reparación da estrada de Tuimil na parroquia de O Viso. O inverno pasado o muro de contención que aguantaba a estrada veuse abaixo polas fortes choivas, o que fixo que parte da estrada se desprendese e, como consecuencia, se dificultaba o paso dos vehículos.

Coa realización desta obra, o concello aproveita para anchear a estrada xa que no seu estado anterior o paso de dous vehículos era dificultoso. Para este ensanche necesitouse a cesión de dous propietarios que firmaron o correspondente documento de cesión do terreo necesario según o proxecto técnico.

O muro alcanza unha altura de 4 metros e unha lonxitude de 30 metros o que da gran estabilidade e seguridade a estrada. O importe da obra acada os 17.000 euros e será incluida no convenio firmado coa Xunta de Galicia que inclúe a reparación dos danos do temporal.

Te podría interesar