Comarcas

700.000 galegos están en risco de exclusión e 132.000 viven na pobreza extrema

pobrezaResponsábeis da Rede Galega contra a Pobreza sinalaron este luns, nun acto en Compostela, que máis de 700.000 galegos están en risco de pobreza e exclusión e que preto do 5% da poboación de Galicia, 132.000 persoas, está en situación de pobreza severa, en especial os cativos e os rapaces ata 16 anos.

A Rede advirte de que hai cada día máis traballadores que non poden vivir do que gañan posto que o emprego que se crea é moi precario e temporalizado e os soldos non dan para manter os gastos mínimos.

No mesmo acto os membros deste organismo propuxeron varias solucións, entre elas artellar axudas que permitan ás ONGs expor a súa labor a longo prazo, trazar plans para acabar co chabolismo e garantir o acceso á vivendas dignas, simplificar a tramitación da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e aumentar o Salario Mínimo ata os 1.000 €.

You may also like