Vigo al día

Máis de 1.500 persoas na manifestación contra o TTIP en Vigo

ttip-manifa-00

Máis de 1.500 persoas, segundo datos da CIG, acudiron esta tarde en Vigo á manifestación convocada pola plataforma ‘Non ao TTIP’ para berrar contra uns tratados transnacionais que “levan o pobo galego á ruína”. A marcha, que partiu de Vía Norte ás 19.00 horas, transcorreu baixo unha intensa choiva, e alén das diferentes comitivas das organizacións políticas e sociais os e as asistentes portaban cartaces contra o TTIP, o CETA, o TISA e maila UE.

Esta mesma mañá, a CIG desenvolveu en solitario diferentes concentracións nas cidades galegas coa mesma reivindicación. Para Xesús Seixo, secretario xeral da central nacionalista,  “O que buscan é favorecer cada vez máis o control dos mercados: o laboral, o de mercadorías ou o financeiro por parte das grandes empresas multinacionais tanto europeas como norteamericanas”.

ttip-manifa-01

También te puede interesar