Vigo al minuto

Máis de 1.500 persoas na manifestación contra o TTIP en Vigo

ttip-manifa-00

Máis de 1.500 persoas, segundo datos da CIG, acudiron esta tarde en Vigo á manifestación convocada pola plataforma ‘Non ao TTIP’ para berrar contra uns tratados transnacionais que «levan o pobo galego á ruína». A marcha, que partiu de Vía Norte ás 19.00 horas, transcorreu baixo unha intensa choiva, e alén das diferentes comitivas das organizacións políticas e sociais os e as asistentes portaban cartaces contra o TTIP, o CETA, o TISA e maila UE.

Esta mesma mañá, a CIG desenvolveu en solitario diferentes concentracións nas cidades galegas coa mesma reivindicación. Para Xesús Seixo, secretario xeral da central nacionalista,  “O que buscan é favorecer cada vez máis o control dos mercados: o laboral, o de mercadorías ou o financeiro por parte das grandes empresas multinacionais tanto europeas como norteamericanas”.

ttip-manifa-01

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.