RGPD - Cookies
Cultura

Cultura urbana como colofón final do programa DepoRuarte

cartel deporuarte sinClases maxistrais de grafitti, hip-hop e funky serán algunhas das protagonistas do I Certame Xuvenil DepoRúarte, que se celebrará o vindeiro 21 de outubro entre as 11.30 e as 13.00 horas na Avenida de Montero Ríos de Pontevedra e que suporá o colofón final do programa DepoRuarte da Deputación de Pontevedra.

A primeira edición do programa DepoRúarte, que contou cun orzamento de 100.000 euros, tiña por obxectivo fomentar a participación activa das mozas e mozos de entre 14 e 30 anos dos concellos de menos de 50.000 habitantes en actividades modernas e innovadoras, dinamizadoras e educativas, atendendo as súas demandas, ofrecéndolles un espazo de encontro e novas alternativas de lecer.

Por este motivo, DepoRúarte contaba con actividades relacionadas coa música e baile, arte urbana, creatividade, deporte e cociña. En total impartíronse 28 cursos nos que participaron 450 alumnas e alumnos de concellos da provincia.

También te puede interesar