Vigo al día

‘Non ao TTIP’, o vindeiro sábado, día 15, tamén dende Vigo

facebook-biografia

A Campaña ‘Non ao TTIP Galiza’ integrada por máis de 50 organizacións convoca este sábado 15 de outubro de 2016 a unha Manifestación Nacional contra os Tratados de Libre Comercio baixo o lema “Nin CETA, Nin TTIP, Nin TISA!!”.

A manifestación percorrerá as rúas de Vigo- saído do cruce de Vía Norte, ás 7 da tarde-, “sumando a galegas e galegos aos milleiros de voces que durante os meses de setembro a novembro realizarán diversas mobilizacións e accións de xeito continuado e coordinado contra os Tratados de Libre Comercio nos 5 continentes, e que no estado español, concretamente, iniciou a semana de mobilización o pasado 8 de outubro e rematará o vindeiro día 15”, como lembran os organizadores

No resto de Galicia haberá concentracións no Campo de Marte de A Coruña (19.00 h), no Parque do Areal de Cabanas (12.00 h), na praza do Toural de Santiago de Compostela (19.00 h), na praza de Amada Gaarcía en Ferrol (19.00 h), na praza de España de Lugo (20.00 h), no parque de San Lázaro de Ourense (19 h) e na praza da Peregrina de Pontevedr (13.00 h).

img_20161013_110511-01
Presentación este xoves en Vigo da manifestación contra os trataos de libre comercio entre a Unión Europea, EEUU e Canadá

A mobilización en Europa centrarase especialmente en visibilizar e dar resposta ao proceso de aprobación do CETA (acordo entre a UE e Canadá), que en caso de aprobarse converteríase nunha porta traseira para o TTIP (acordo entre a UE e EEUU). O CETA atópase actualmente en proceso de aprobación, e a finais de 2016 dará o seu paso clave coa votación no Parlamento Europeo.

O CETA e o TTIP conteñen mecanismos como o ICS (Sistema Xudicial de Investimentos), “onde as empresas poderán denunciar aos estados polo mero feito de non obter beneficios”, ao tempo que abren a porta a “diversas prácticas contra a saúde ou o medio ambiente como son o fracking ou a eliminación do principio de precaución”.

Dende a campaña de Non ao TTIP Galiza fan un chamamento a todas as persoas e organizacións da sociedade civil para participar na semana de resistencia contra os Tratados de Libre Comercio e Investimentos, “para visibilizar os milleiros de olladas que dende a diversidade esiximos a suspensión de todos os tratados que ameacen ao planeta e os dereitos humanos. O 15 de Outubro Galiza formará parte do ‘Outono en Resistencia!’, dicindo ben claro que non quere Nin CETA Nin TTIP”.

También te puede interesar