RGPD - Cookies
Comarcas

Os campos municipais de deporte de Nigrán usan xa so enerxía solar para quentar a auga das duchas

img_1076O Concello de Nigrán ven de colocar placas solares nos vestiarios do campo municipal de Condomínguez, en Priegue, co obxectivo de obter así auga quente sanitaria para as duchas. A obra, cun orzamento total de 36.020,41€, recibiu unha subvención de 20.000€ a través do Inega (Instituto Enerxético de Galicia) e estará rematada esta semana. Esta subvención se encadra nas axudas a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de enerxías renovables 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa Operativo Feader-Galicia 2014-2020.

O uso desta enerxía sustentable permitirá ao mesmo tempo un aforro para as arcas municipais de 5.000 € ao ano en combustible contaminante, xa que ata agora funcionaba cun acumulador de mil litros alimentado grazas a unha caldeira de gasoil. Por outra banda, se mellorará sustancialmente o rendemento, xa que o novo acumulador de auga conta co triple de capacidade que o anterior, isto é 3.000 litros en total sobre un cálculo de necesidade de 2.800 litros ao día.

img_1072«Con esta obra completamos os campos municipais que empregan a enerxía solar, en Vilariño xa funciona así, e reiteramos o noso compromiso de ir levando este sistema ás demáis instalacións do Concello», explicou o alcalde, Juan González.

En total, foron instaladas enriba dos vestiarios 19 placas solares de 2,3 metros cadrados de superficie que manterán ao novo acumulador de 3.000 litros con auga a 60 graos centígrados.

También te puede interesar