Destacados Sucesos

Buscan a unha rapaza de 21 anos que falta da casa de Mourente, en Pontevedra, dende este martes pola mañá

A Judith, unha rapaza de 21 anos, botárona en falta despois de que baixase este martes, ás 10 da mañá a botar a bolsa de lixo no contedor, preto da casa familiar en Mourente. Segundo denunciou a familia, ao mediodía, cando a súa irmá chama ao móvil de Judith responde un home.  Xa pola tarde, un ‘número privado’,  contacta co pai e un home dille que a súa filla xa non está con él.

Segundo a familia, Judith ten unha minusvalía psíquica do 89 por cento e padece esquizofrenia. Cando saiu da casa vestía un pantalón axustado negro, unha cazadora branca e deportivas negras con brillantes.

A Policía Nacional ampliou a busca a toda Galicia. Seu pai e súa irmá desprazáronse a Ourense, por se fose ese o seu paradoiro, xa que ali se denunciou tamén a desaparición dun home.

También te puede interesar