Comarcas

A asociación Lazoiro, contra a construción dun pantalán no antigo transbordador en Salvaterra por problemas ecolóxicos

salvaterra-antigo-trasbordador

A asociación Lazoiro presentou ante o concello de Salvaterra unha recompilación de alegacións ao proxecto de construción dun pantalán na zona do río Miño na que se atopa actualmente o embarcadoiro do antigo transbordador.

O documento presentado, que constaba de seis puntos principais, versa esencialmente sobre as “problemáticas ecolóxicas que poden derivar do proxecto”, valorado en case 250.000 euros.

Deste xeito, a asociación cuestiona a “necesidade” da construción do pantalán tendo en conta a “existencia do embarcadeiro actual” e fai fincapé no “efecto sobre a flora e fauna, en especial sobre certas especies protexidas”, cuestiona o estudo de viabilidade medioambiental e recorda a “necesidade de informar á administración portuguesa, debido a súa proximidade e ao atoparse dentro dunha zona compartida baixo a o amparo legal da REDE NATURA 2000″.

Segundo a asociación, o proxecto do pantalán en Salvaterra, “ademais de estar integramente escrito en castelán, ignora a Lei Orgánica de Protección de Datos, ao non referirse en ningún momento a ela tendo en conta que contará cun sistema de videovixilancia”.

También te puede interesar