Vigo al minuto

Recollida de sinaturas no Mercado de Teis para que esta parroquia teña conexión de Vitrasa co Hospital Álvaro Cunqueiro

vitrasaA Asociación Veciñal de Teis, dentro da campaña para demadar do Concello unha liña de autobús desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro, instalará este sábado unha mesa de recollida de sinaturas dende als 11 da mañá ata a 1 da tarde diante do Mercado.

A Asociación, que xa ten máis de 1.100 sinaturas, voleu a pedir unha xuntanza urxente coa concelleira de Transporte, “sen recibir ningunha resposta ata hoxe”.

Logo da mobilización do pasado 27 de setembro, a asociación convoca unha nova manifestación o martes  que ven, día 11 de outubro ás 7 da tarde,dende o Mercado de Teis.

Os responsabeis da asociación vecinal subliñan que dende a apertura do novo hospital, hai máis dun ano, “as queixas son continuas da veciñanza que utiliza o autobús urbano”. Segundo indican, os veciños teñen que desprazarse ate a Casa de Artes e Oficios, en García Barbón, para coller o H1, ou até os Choróns, para subirse ao H2, para poder conseguir un enlace para ir ao Cunqueiro, non hai ningunha liña que pase ou saia da parroquia de Teis e, ademáis, a liña H1, non funciona nin sábados, domingos e festivos”.

A Asocicación de veciños engade que “hai que ter en conta que unha parte importante dos usuarios son persoas maiores e supón un problema ter que coller varios autobuses, os domingos e festivos chegar ao Álvaro Cunqueiro supón un esforzo enorme para visitar aos familiares”.

Por isto entenden que o goberno municipal debe esixir a Vitrasa que mellore este servizo debidamente ampliando as liñas H1 e H2 ata Teis e que a liña H1 funcione tamén os sábados, domingos e festivos.

También te puede interesar