RGPD - Cookies
Cultura

Máis de 1.500 persoas de 14 concellos participan esta seman nas rutas da @depo_es

922x250_ruta_depo

‘En ruta coa Depo’, programa da Deputación de Pontevedra xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, organiza para esta fin de semana e ata o 12 de outubro novas saídas pola provincia nas que van participar 1.521 persoas pertencentes a 22 asociacións dos concellos de Pontevedra, Vigo, Moaña, O Porriño, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Vilagarcía de Arousa, Gondomar, A Estrada, Lalín, A Lama, Sanxenxo, Silleda e Campo Lameiro.

Estas asociacións realizarán rutas polo conxunto histórico de Cambados; por Salvaterra de Miño; percorrerán Catoira, Vilagarcía de Arousa e Cuntis; o conxunto histórico de Cangas e o Museo Massó de Bueu; visitarán os atractivos turísticos do concello de Silleda; A Guarda e o conxunto histórico de Tui; percorrerán en barco a ría de Arousa e O Grove; visitarán San Simón e Redondela; o casco vello de Vigo e as Illas Cíes; percorrerán Portonovo e a Illa de Ons e visitarán Nigrán e a ría de Vigo.

‘En Ruta coa Depo’ é un programa da Deputación de Pontevedra que propón alternativas de lecer dinámico e saudable pretendendo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra. Ofŕecense case vinte rutas distintas por lugares emblemáticos da provincia con distintos tipos de propostas para todos os públicos: rutas dinámicas e activas para a xente máis moza, rutas interxeracionais para Anpas e familias, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas marítimas e rutas por enclaves singulares.

Este programa, xestionado a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, vai permitir que, ata finais de ano, máis de 18.000 persoas coñezan mellor a provincia. Invístese un total de 238.500 euros nesta iniciativa.

También te puede interesar