Galicia

Investigan á presunta autora de 16 incendios forestais intencionados en Pontevedra

incendio-covelo-08

Axentes da Policía Autonómica están a investigar a unha muller como presunta autora de 16 incendios forestais no concello de Pontevedra.

Os lumes que se lle imputan tiveron lugar desde o 9 de agosto ata o 6 de outubro nos lugares da Ponte, Vilar, O Rañadoiro e Acevedo, na parroquia de Pontesampaio e na Canicouva. Estes incendios afectaron unha superficie total de 320 hectáreas de raso e arborado.

A detención produciuse como consecuencia dun dispositivo de vixilancia activado desde mediados de setembro tras ser sorprendida cando arroxaba desde a ventanilla un obxecto incendiario en Pontesampaio que produciu un lume de 300 metros de arborado. Este lume foi apagado polos servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia.

Polos estes feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Pontevedra.

No que vai de ano, Policía Autonómica xa leva investigadas ou detidas a 60 persoas por delitos relacionados con incendios forestais.

También te puede interesar