Comarcas

O Concello de Arbo contrata a un Oficial Conductor e un Peón

arboO Concello de Arbo contrata, dentro do Programa para o Fomento do Emprego no Medio Rural 2016, a 1 Oficial Conductor e 1 Peón para o Servizo de Reparación, Limpeza e Adecentamento de Lugares Públicos.

O contrato terá unha duración de 6 meses, cunha xornada  diaria a tempo completo baixo a modalidade contractual de “contrato de traballo de duración determinada de interese social”. As retribucións brutas totais mensuais dos traballadores son as  establecidas segundo a publicación oficial do convenio colectivo que resulta de aplicación, correspondéndolles:

As persoas interesadas en tomar parte nesta contratación, deberán reuni-los seguintes requisitos, o Oficial Conductor: estar en posesión do carné de conducir tipo C e CAP e o Peón: ter o carné de conducir tipo B. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato.

O Concello presentará oferta xenérica de emprego na Oficina Pública de Emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia aos requisitos que deban reunir os traballadores que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados.

O sistema de selección a empregar consistirá nun concurso de méritos, no que se procederá á valoración dos méritos alegados polos diferentes candidatos, coa finalidade de valorar a adecuación e idoneidade dos aspirantes remitidos polo Servizo Público de Emprego para o adecuado desenvolvemento das funcións, contidos e actividades do posto obxecto de cobertura.

A estes efectos, no proceso de selección valoraranse os méritos, cuxa documentación deberá entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Arbo,  no prazo máximo de tres días hábiles dende o día seguinte a comparecencia no Concello e entrega aos candidatos das  bases de selección.

También te puede interesar