Destacados Vigo al minuto

Teis recolle máis de 1.100 sinaturas para demandar un autobús desde Teis ao hospital Álvaro Cunqueiro

vitrasa1

A Asociación Veciñal de Teis xa leva recollidas ata o de agora máis de 1.100 sinaturas para reivindicar ao Concello un autobús directo desde Teis ata o hospital Alvaro Cunqueiro.

A asociación veciñal iniciou esta campaña fai só dez días e continuará durante as vindeiras semanas, ademais de solicitar por escrito unha nova xuntanza urxente coa concelleira de Transporte e de convocar unha nova manifestación o martes 11 de outubro ás 19.00 horas desde o mercado de Teis.

Desde a apertura do Álvaro Cunqueiro hai xa un ano «son continuas as queixas da veciñanza» que utiliza o autobús urbano cara o novo hospital desde Teis, xa que os usuarios teñen que desprazarse ata a avenida de García Barbón, na Casa de Artes e Oficios, para coller o H1 ou ata os Choróns para coller o H2. Ademais, a liña H1, non funciona nin sábados nin domingos e festivos.

Desde a Asociación defenden que «debe ser unha prioridade mellorar a conexión do autobús urbano co hospital Álvaro Cunqueiro desde Teis» e que se debe «esixir á empresa concesionaria Vitrasa que mellores este servizo debidamente».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.