Vigo al minuto

Os traballadores do @AeroClubVigo piden «cordura» na negociación do aluguer do chan dos montes de Cabral

aeroclub

Os traballadores e traballadoras do Real Aero Club de Vigo queren facer un chamamento «á cordura e á responsabilidade» das partes que están a negociar o aluguer dos montes de Cabral no que está instalado o club, que vence a finais de 2016. Aseguran que un mal resultado no proceso negociador podería «poñer en risco» os seus postos de traballo.

Segundo explican os traballadores, o Real Aero Club de Vigo é «unha pequena entidade sen ánimo de lucro que ten 65 anos de historia e constitúe un referente para a cidade de Vigo». A día de hoxe conta con 23 empregados (16 traballadores de plantilla, 4 profesores e traballadores de tenda e 3 da cafetería) con entre 11 e 35 anos de antigüidade na entidade e unha media de idade de 45 anos.

Os traballadores coinciden en que ao tratarse dunha plantilla pequena «o trato sempre foi bo e a relación de respecto e proximidade». Por iso insisten en amosar a súa preocupación polo futuro dos seus postos de traballo, «que en moitos casos constitúen a única fonte de ingresos dos seus respectivos fogares».

Tamén fan fincapé no feito de que, coa media de idade da plantilla, a inserción laboral no caso de despedimento pode ser «moi complexa». Por todo elo, os empregados do Real Aero Club de Vigo desexan que se chegue a un acordo «o máis xusto e rápido posible» para todas as partes co fin de rematar coa «incertidume» na que se atopan en relación cos seus postos de traballo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.