Comarcas

Arrancan as obras da reforma da praza de abastos de Mondariz

mondariz-obras-praza-abastos

Comezan as obras da reforma da praza de abastos do concello de Mondariz, integrada no Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra e que pretende actualizar a súa imaxe e dinamizar a praza de cara a darlle novos usos complementarios, como un espazo de emprendemento.

As obras contarán cun orzamento de case 30.000 euros e terán un prazo de execución previsto para este mes de outubro e o de novembro durante arredor de 45 días.

O deputado David Regades sinalou que se trata dunha «grande posta en valor da imaxe que Mondariz quere dar de si mesma cara ao exterior e das actuacións dentro dos territorios locais», xa que «os alcaldes e alcaldesas teñen non só que solucionar os problemas máis cotiáns senón apostar pola economía, polos e polas comerciantes e pola xente emprendedora».

As obras da praza de abastos de Mondariz constan de dúas fases, estando a segunda delas prevista para o ano que vén.

As obras a realizar serán o acondicionamento dunha parte dos postos do mercado, a renovación das instalacións de fontanería e saneamento, a renovación e acondicionamento dos aseos para persoas con mobilidade reducida, a substitución do pavimento do espazo central e dos postos afectados, unha actuación nos paramentos externos dos postos de cara a conseguir unha imaxe unitaria e identificativa do mercado, a renovación do mobiliario dos postos centrais para así os dotar con elementos móbiles de carácter plurifuncional e unha intervención escénica mediante iluminación e pérgolas de estrutura lixeira orientada a dar unha nova proporción e escala ao espazo interior do mercado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.