Vigo al minuto

A asociación Achega rompe barreiras sobre o deporte adaptado en Vigo

achegaA asociación Achega quere romper todas as barreiras sobre o deporte adaptado cun novo proxecto que chega este luns 3 de outubro a Vigo. O Colexio Labor acollerá a partir das 10.30 horas  unha xornada coa que promocionar este deporte, sensibilizar e concienciar á sociedade ensinándolles sobre todo aos mozos e mozas que é o deporte adaptado dun xeito teórico e práctico.

A través deste proxecto, a asociación tamén quere que a sociedade coñeza o que é convivir cunha discapacidade e que comprenda que coas ferramentas axeitadas calquera persoa é quen de alcanzar o benestar, independentemente da súa condición física ou psíquica.

‘Achegando o deporte adaptado á mocidade’ pretende ser unha campaña de sensibilización e concienciación a través da práctica dos distintos deportes adaptados, que lles axudará mellorar o desenvolvemento persoal: físico (a través da práctica deportiva: psicomotricidade, equilibrio), social (traballo en equipo, entrenamento de habilidades sociais, comunicación) e intelectual (atención, lateralización, adaptación ao medio, linguaxe).

Achega levará este proxecto a tres colexios máis de Ourense (5 de outubro), Lugo (7 de outubro) e Santiago de Compostela (13 de outubro).

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.