Destacados Vigo al minuto

A humanización da estrada provincial de Vigo, a cargo da @depo_es

carmela-abel

Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra asinarán en breve un convenio de colaboración para que a institución provincial se faga cargo da humanización da estrada provincial, a rúa Emilia Pardo Bazán. Ademáis, ambas entidades asinarán tamén un novo convenio para adecentar os tres sendeiros azuis de Vigo, a Senda Litoral do Monte da Guía, a Senda entre os Faros das Illas Cíes e a senda do río Lagares, “de uso masivo na cidade”.

Así o adiantaron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante a sinatura dun convenio para potenciar a promoción turística vinculada ás rutas aéreas entre Vigo e Valencia, Palma de Mallorca e Ibiza que terá un importe de 736.000 euros.

Trátase dun acordo de cooperación activa para seguir “potenciando” o aeroporto “que usa a inmensa maioría da cidadanía pontevedresa”, segundo salientou o rexedor vigués. Un xeito de involucrarse considerado “fundamental” por Silva por tratarse dunha infraestrutura “clave para o desenvolvemento do turismo e da economía na provincia, nas Rías Baixas e no sur de Galicia”.

También te puede interesar