Destacados Vigo al minuto

A humanización da estrada provincial de Vigo, a cargo da @depo_es

carmela-abel

Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra asinarán en breve un convenio de colaboración para que a institución provincial se faga cargo da humanización da estrada provincial, a rúa Emilia Pardo Bazán. Ademáis, ambas entidades asinarán tamén un novo convenio para adecentar os tres sendeiros azuis de Vigo, a Senda Litoral do Monte da Guía, a Senda entre os Faros das Illas Cíes e a senda do río Lagares, «de uso masivo na cidade».

Así o adiantaron o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante a sinatura dun convenio para potenciar a promoción turística vinculada ás rutas aéreas entre Vigo e Valencia, Palma de Mallorca e Ibiza que terá un importe de 736.000 euros.

Trátase dun acordo de cooperación activa para seguir «potenciando» o aeroporto «que usa a inmensa maioría da cidadanía pontevedresa», segundo salientou o rexedor vigués. Un xeito de involucrarse considerado «fundamental» por Silva por tratarse dunha infraestrutura «clave para o desenvolvemento do turismo e da economía na provincia, nas Rías Baixas e no sur de Galicia».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.