RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Galicia

Os concellos do Val Miñor alíanse para formar promotores turísticos

valiemprega

Alianza por primeira vez dos tres concellos do Val Miñor para levar a cabo un novedoso obradoiro de emprego en promoción turística, unha acción formativa que xurde por primeira vez dunha sinerxia entre os tres municipios para pedir subvencións para o proxecto.

Trátase de ‘Valiemprega Xove’, dedicado á ‘Promoción turística local e información ao visitante’ e que se desenvolverá en Gondomar durante seis meses. A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia concedeu máis de 130.000 euros para un proxecto no que os tres concellos aportan a súa vez case 11.000 euros.

En total, hai 15 alumnos-traballadores de ata 30 anos dos tres municipios, ademáis dun estudante de Oia ao quedar unha praza dispoñible e que cobrarán o salario mínimo interprofesional. «Os tres concellos, asesorados dende os respectivos técnicos de emprego, unímonos para pedir este proxecto de especial interese para a nosa comarca, xa que o turismo é unha das nosas principais fontes de riqueza e, por tanto, de traballo«, sinalou o alcalde de Nigrán e presidente da Mancomunidade, Juan González.

Entre os obxectivos deste novo obradoiro está promover e comercializar destinos turísticos locais, xestionando servizos de información turística e participando na creación, comercialización e xestión de produtos e servizos turísticos da contorna local, empregando en caso necesario a lingua inglesa.

También te puede interesar