Este outono chega cargado de música. Este xoves 29 de setembro arranca no Auditorio Municipal de Vigo a décimo cuarta edicion do Festival Sinsal outono, que esta ano contará con catro propostas musicais exclusivas que se escoitarán tamén noutros espazos municipais como o MARCO ou a Casa das Artes.
O Concello colabora un ano máis con Sinsalaudio na programación do Festival Sinsal que este outono contará con catro concertos que se celebrarán entre o 29 de setembro e o 2 de novembro.
O evento sorprenderá de novo con propostas exclusivas en Galicia e artistas que difícilmente poderían disfrutarse sen plataformas como este festival, casos de Lloyd Cole, Derek Gripper ou Paddy Steer.