Destacados Vigo al minuto

O Álvaro Cunqueiro contará cunha nova sala de electrofisioloxía, importante nos tratamentos cardiolóxicos

alvaro-cunqueiro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o anuncio de licitación para a adquisición e instalación da nova sala de electrofisioloxía que se implantará no Hospital Álvaro Cunqueiro nos próximos meses. Unha instalación que dará servizo á área sanitaria de Vigo e que supoñerá un importante avance tecnolóxico nos tratamentos de cardioloxía.

Esta instalación custará arredor de 500.000 euros, un investimento que estará cofinanciado no 80% pola Unión Europea a través de Fondos Feder.

A orde do Sergas pola que se inicia o proceso do concurso público asinouse o pasado día 20, data en que tamén se enviou a convocatoria ao Diario Oficial da Unión Europea.

Segundo o Sergas, este novo investimento do Sergas no Álvaro Cunqueiro ven a sumarse aos xa realizados en equipamento desde a posta en marcha do hospital e que «supera amplamente» os 40 millones de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.