Vigo al día

Xa están no Reino Unido os últimos 99 estudantes do programa municipal Vigo en inglés

becas-ingles-4

Os dous últimos grupos de alumnas e alumnos vigueses do programa municipal Vigo en Inglés 2016 partiron este xoves dende o aeroporto vigués cara ao Reino Unido, onde farán estadías nas localidades de Alphington, Richmond, Broadclyst, Exmouth, Ottery St. Marys e Bideford.

Foron os últimos 99 estudantes do total de 617 que gozaron este ano dunha bolsa de estudos do Concello para aprender inglés do Reino Unido e Irlanda, entre eles, alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, que foi despedilos ao aeroporto, avanzou que de cara ao ano que vén duplicarase o número de axudas para os usuarios da sede viguesa da EOI.

O rexedor vigués anunciou que valora incrementar a partida orzamentaria para este programa o ano próximo “non menos dun 5%” coa finalidade de atender toda a demanda.

También te puede interesar