Cultura Galicia

@depo_es reunirase con Fomento para desbloquear o protocolo dos 18 castros de Pontevedra

carmela-silva

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou este mércores que agarda que o vindeiro luns, nunha reunión en Madrid entre técnicos da Deputación e do Ministerio, se poida pechar a actual situación de bloqueo por parte de Fomento con respecto ás súas obrigas no protocolo para a posta en valor dos 18 castros da provincia.

O obxectivo da Deputación é seguir cos traballos previstos e co calendario establecido para os 18 xacementos nos que hai que actuar, “que Fomento inicie xa as súas obrigas con respecto ao protocolo asinado” e que actúe de inmediato e cumpra coas súas responsabilidades recollidas no protocolo.

O documento recolle a realización de tarefas de escavación en seis dos castros e labores de limpeza noutros doce por parte da Deputación, mentres que Fomento se encarga, unha vez rematados os traballos da institución provincial, da musealización, consolidación, restauración, accesibilidade e sinalización.

Na reunión de Madrid tamén plantexarase a Fomento a sinatura dun convenio para que a posta en valor dos xacementos «sexa xa unha obriga total e absoluta por parte das dúas administracións”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.