Destacados Vigo al minuto

Medio milleiro de persoas infórmase sobre a labor dos terapeutas na sanidade pública

zona-vigo_prazaamerica_ocalvario

Cerca de medio milleiro de persoas achegáronse este sábado a dous puntos de Vigo (O Calvario e Praza América) e ao entorno do Concello de Porriño para informarse da labor dos terapeutas dentro da Sanidade Pública nunha actividade organizada pola Plataforma de Terapeuta de Vigo.

Ao longo de toda a mañá, estes especialistas informaron sobre a súa labor, onde atopalos, como acceder a eles (fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais) e como reivindicar os seus dereitos como doentes.

Dende a plataforma teñen detectado «un maior coñecemento» sobre as funcións que desempeñan os fisioterapeuta dentro da Sanidade Pública, mentres que hai «descoñecemento por parte da gran maioría» sobre como acceder as súas terapias.

Respecto ao labor dos logopedas e terapeutas ocupacionais, deuse a coñecer tanto as súas funcións como o xeito de acceder a estes recursos, cuestión descoñecida por case todos os cidadáns que acudiron a consultar ao longo desta mañá.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.