Comarcas Destacados

Coñece Mondariz Balneario de tapa en tapa

concurso-tapas-mondariz-01

Xa non hai excusa para visitar esta fin de semana Mondariz Balneario e coñecela de tapa en tapa. A vila termal celebra o seu I Concurso de Tapas ‘De viños polas termas’, que este sábado e domingo servirá para degustar as mellores tapas nun concurso que contará cun xurado profesional e outro popular.

Neste concurso participan nove establecementos: Restaurante Atalaya, Casa Riveiro, Yago’s, Regato de Valdecide, Balneario de Mondariz, Taberna Búrbida, Máis que viños, Cafeterá Chocolat e La Moderna. Os horarios de tapeo: este sábado de 11.30 a 14.00 horas e de 19.30 a 22.00 horas e o domingo en sesión vermut de 11.30 a 14.00 horas.

concurso-tapas-mondariz

Entre o xurado popular, todo aquel que o desexe poderá participar e degustar por un módico precio de 2 euros unha incrible tapa e por 3,50 euros a tapa cunha copa do viño Don Pedro. Ademáis, terán á súa disposición unha sorte de pasaporte que pode recoller nos establecementos adscritos e, cun mínimo de 4 selos, participar na votación do concurso e entrar no sorteo de grandes premios: dúas botellas de viño D. Pedro de Soutomaior e Pizarras de Otero, unha visita enolóxica con cata no Pazo da Almuiña, dous bonos para o Pazo da Auga de Mondariz ou unha cea para dous no establecemento gañador.

Pola súa banda, o xurado profesional estará composto por María Abal, xerente da asociacion galega de sumilleres; José Domingo Garrido, responsable nacional de Adegas Galegas; e Iñaki Bretal, membro do prestixioso grupo Nove e cociñeiro do prestixioso restaurate O eirado da leña.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.