Galicia

Comenzan os traballos urxentes de recuperación das zonas afectadas polos incendios en Galicia

incendio-arbo-05

Galicia recupérase tras a vaga de incendios sufridos este verán. A Xunta ven de anunciar que a vindeira semana comezarán os traballos urxentes para a recuperación do potencial forestal en zonas afectadas polos incendios do verán nos montes galegos.

Estas actuacións contarán cun orzamento de preto de 3 millóns de euros, que servirán para facer un control dos riscos hidrolóxicos erosivos asociados aos lumes e atallar os posibles procesos de degradación dos solos afectados, para contribuír así a recuperar o potencial forestal.

Ademais das actuacións específicas de consolidación de solos realizaranse outras accións, como sementados rexenerativos, eliminación de madeira queimada sen valor de mercado para mellorar a posterior rexeneración do arborado ou aproveitamento da madeira recuperable.

Por outro lado, é preciso mellorar as infraestruturas forestais das zonas queimadas, reparando as cunetas e as obras de paso para facilitar a capacidade de evacuación de augas. Tamén se contempla o arranxo de peches gandeiros afectados incluíndo a substitución dos queimados e as súas infraestruturas complementarias.

As zonas principais de avaliación serán as superficies queimadas nos incendios producidos no ano 2016 cunha superficie que supera as 100 hectáreas e actuarase nos que sexa necesario tomar as medidas oportunas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.