Destacados Sucesos

Dúas persoas feridas en Vigo nun accidente múltiple

ambulancia

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá en Vigo tras sufrir un accidente múltiple no que se viron implicados tres vehículos.

O sinistro produciuse na Costa de Castrelos minutos antes das 10.00 horas e ata a zona desprazáronse efectivos de Urxencias Médicas, Bombeiros de Vigo, Protección Civil e Policía Local. As persoas feridas foron trasladadas en ambulancia a centros sanitarios.

Unha muller ferida en Silleda ao cortarse cunha rozadora

Unha muller resultou ferida esta mañá en Silleda, mentres cortaba a herba cunha máquina rozadora. A vítima sufriu un corte nunha perna cando traballaba nunha leira do lugar de Vilar contra as 11:30 horas de hoxe.

Os efectivos sanitarios evacuaron á muller nunha ambulancia ata un centro sanitario. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, nun primeiro momento decidiuse enviar a Silleda o helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero as condicións meteorolóxicas adversas obrigaron a anular a intervención da aeronave.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.