RGPD - Cookies
Cultura

Amigos da Terra, Sustinea e a Masa Crítica, celebran o PARK(ing) Day reivindicando espazo para as persoas nas cidades

parking-day2Coincidindo co inicio da Semana Europea da Mobilidade, tres colectivos ecoloxistas galegos uníronse este venres á  reivindicación mundial do PARK(ing) Day, un evento anual aberto á participación da cidadanía, que consiste en converter unha praza de aparcadoiro nun xardín efémero ou temporal, transformando así o contexto urbano para reclamar de cidades máis vivibles e humanas.

A organización ecoloxista Amigos da Terra, a asociación para o desenvolvemento sostible Sustinea, e o colectivo de ciclistas urbanos Masa Critica, quixeron así chamar a atención para promover a necesidade de aumentar e mellorar os espazos verdes, para propiciar o gran beneficio que xardíns, plantas e árbores achegan á saúde das persoas, ao medio ambiente, á economía e á cohesión social. Os espazos verdes, fomentan as relacións sociais entre persoas, convidan a pasear e ser vividos,  melloran a calidade do aire e o clima urbán, á vez que promoven o desenvolvemento económico do comercio local.

A misión do PARK(ing) Day é chamar a atención sobre a necesidade de espazos urbanos  máis abertos, xenerar un debate crítico ao redor de como está creado o espazo público, e para mellorar a calidade do hábitat urbano para a cidadanía.

parking-day1Máis de 70 xardíns efémeros distribuíanse en diferentes cidades e vilas españolas e mundiais neste 16 de setembro. Nalgúns casos coa colaboración dos propios concellos, cidades como Santiago de Compostela, Madrid, Salamanca, Móstoles, Valencia, Bilbao, Zaragoza, Burgos, As Palmas de Gran Canaria ou Murcia acollían hoxe esta reivindicación que desde o ano 2015 se celebra mundialmente no terceiro venres do mes de setembro.

También te puede interesar