Cultura Destacados

O Castelo de Soutomaior convertirase nun espazo de lecer familiar

carmela-castelo-soutomaio

O Castelo de Soutomaior xa conta cun Plan de Usos e Viabilidade que o convertirá nun novo produto de turismo cultural e de lecer co que se espera acadar a súa viabilidade económica a medio prazo para impulsar o seu rendemento. Así o asegurou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que apostará por convertir o castelo nun espazo de lecer familiar, «a aposta máis seria e que pode dar maiores rendementos”.

Para elo crearase unha experiencia turística de calidade, aumentando este aspecto tanto na atención ó visitante como nos recursos e servizos ofertados, que aporte maior goce e coñecemento do recinto. As catro áreas de intervención no Castelo de Soutomaior xirarán arredor do parque, do castelo, do enoturismo e da hostalería.

No parque realizaranse melloras nos xardíns, plantacións e parque forestal, xa en curso; enriqueceranse as cultivas; dotarase de accesibilidade e mobilidade ó recinto; completarase o equipamento do parque; crearanse paseos e itinerarios polo recinto, áreas de picnic, merendas, obradoiros, etc.; impulsaranse actividades e exposicións, festas e mercadillos temáticos, teatros, música; poranse en marcha parques e espazos de xogos infantís así como micro-paisaxes ligadas ás colleitas e realizaranse recollidas de colleitas.

En canto ó castelo, conformarase unha área de recepción de visitantes con información, tenda e aseos; potenciaranse as dependencias para eventos, reunións e congresos; impulsarase un espazo de aprendizaxe e realizaranse visitas animadas, guiadas, dramatizadas, nocturnas, ceas medievais, concertos, teatro, contacontos, cinema temático, etc.

Ó respecto do enoturismo, realizarase un complexo da camelia cunha casa do té e no que terán lugar xornadas, talleres florais e de cosmética e tamén un completo do enoturismo con adega, cata-degustación, exposicións, visitas a viñas e eventos corporativas do viño.

E en relación á hostalería ampliarase a oferta de aloxamento diúrno para eventos con cabanas e ampliarase a oferta de restauración con caterings, picnics, autoservizo, vending…

Trátase dun plan «moi ambicioso que se ten que levar adiante de forma progresiva» e que conta cun orzamento para esta lexislatura entre os 3 e 4 millóns de euros.

Visitas teatralizadas

A maiores das actuacións que xa se están a acometer no parque e xardíns, a Deputación vai poñer en marcha entre o 23 de setembro e o 23 de outubro visitas teatralizadas ao castelo para promover unha forma distinta de coñecer este enclave turístico. As visitas teatralizadas durarán uns 45 minutos e nelas actores e actrices, vestidos de época, revivirán algúns momentos da historia do castelo. Durante o percorrido, que se vai desenvolver tanto dentro como fóra do castelo, os visitantes poderán ver desde a Pedro Madruga, ata María Vinyals ou Emilia Pardo Bazán. As visitas terán lugar de xoves a venres ás 17.00 h, os sábados ás 11.00 e 17.00 horas e os domingos ás 11.00 horas e terán un custe de 2 € e necesitan reserva previa por teléfono en Turismo Rías Baixas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.