Comarcas

Tui e A Cañiza reciben 120.000 euros da @depo_es para proxectos culturais, infantís e servicios sociais

tui-concello

A Deputación de Pontevedra aprobou novas axudas por un valor de 120.000 euros para catro proxectos nos concellos de Tui e A Cañiza.

Por un lado, ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016, Tui recibirá unha achega de case 100.000 euros para dous proxectos. Son axudas por unha banda, case 59.000 euros para actuar no patio do CEIP Randufe e, pola outra, de máis de 36.000 euros para elaborar un inventario de camiños municipais da vila.

Mentre, a Deputación tamén aprobou un novo investimento na Cañiza que vén completar o 100% do presupostado ao abeiro do Plan Concellos 2016 para esta vila. Trátase dunha axuda de 20.500 euros que A Cañiza destinará á adecuación do local destinado aos servizos sociais e á mellora de distintos parques infantís.

Esta axuda súmase aos máis de 258.000 euros entregados nesta mesma liña para a adquisición dunha minipala escavadora, melloras de alumeado público nas parroquias de Valeixe e Petán, á construción de beirarrúas no polígono industrial do municipio e á ampliación e a pavimentación da rúa Calzada. A eles hai que engadirlles máis de 71.000 euros na liña 2 para o pagamento a acredores de investimentos e de gasto corrente, case 18.000 euros ao abeiro da liña 3 que se investirán na 50ª edición da Festa do Xamón do concello e en animacións infantís e concertos durante a semana de festas e, por último, case 107.000 euros da liña 4 co obxecto de contratar a 18 traballadores e traballadoras que están a desempeñar as súas labores no concello.

También te puede interesar