RGPD - Cookies
Comarcas

Un novo paso peonil comunicará a parte alta e baixa de Panxón tras 6 anos de protestas

nigran-paso-peatonal

Concello de Nigrán e Asociación de Veciños de Panxón acadaron este luns o compromiso da Xunta de pintar un paso peonil na Estrada pola Vía (PO-325, de competencia autonómica) tras unha reunión no municipio co xefe territorial de infraestructuras, José Luis Díez Yañez, e o enxeñeiro territorial, Fausto Núñez. O encontro prodúcese despóis de que o concello se vise forzado a borrar o paso peonil que pintara provisionalmente ante a ausencia de resposta da Xunta as súas reiteradas solicitudes.

Paralelamente, e despois deste requerimento para eliminalo, medio cento de veciños se manifestou na rúa a semana pasada demandando á Xunta que o restituise. O obxectivo é que residentes de barrios como Rial, Sancho ou Quinteiro queden comunicados de xeito seguro coa parte baixa da parroquia, onde se atopa o comercio local, centro de saúde ou escolas.

Xunta finalmente comprometeuse a pintar un este mesmo xoves á altura de Camiño do Seixo e Dos Lagos, onde paralelamente se instalará a sinalización correspondente e bandas de seguridade. Ademáis, o rexedor entregou diferente documentación solicitando que instalen outro máis na PO-335 á altura do barrio de Area Alta co fin de que dende o barrio de Carregal se poida acceder con seguridade ao centro de saúde ou á praia.

No encontro os veciños manifestaron aos representates do organismo autonómico o seu malestar por «máis de seis anos de reclamacións á Xunta a través do anterior goberno local do PP», ao que o propio delegado de Infraestructuras respondeu que se trata da primeira ocasión na que o consistorio lle traslada este problema.

 

También te puede interesar