Cultura Vigo al día

A ETEA, escenario da XI Festa Veciñal de Teis

etea-festa-vecinal

A undécima edición da Festa Veciñal de Teis celébrase o vindeiro 18 de setembro nun escenario singular: a ETEA. Será para aproveitar a festa para denunciar unha vez máis o abandono destes terreos “por parte da Xunta de Galiza e do Concello de Vigo”.

A Asociación Veciñal de Teis celebra esta edición cunha emotividade especial ao ser o 40 aniversario da fundación da asociación, xa que a de Teis foi unha das primeiras asociacións que se crearon no concello de Vigo durante os anos da transición política.

A festa comezará a partir das 11:30 horas da mañá ata ás 21:00 horas da noite, cunha amplo programa de actividades: o tradicional xantar e as actuacións da Banda de música de Bembrive (12.30 h), das Pandereteiras As Bubelas (17.00 h), de Airiños do Mar de Teis (18.00 h), de Cantares do Brión (19.00 h) e da Banda de gaitas Xarabal (20.00 h).

Haberá tamén actividades para os máis pequenos con contacontos ás 11:30 horas e ás 18:00 horas, así como inchábles.

A veciñanza interesada en participar no xantar debe anotarse antes no local da asociación ata o venres 16 de setembro. Toda a información no teléfono 986 261 289.

También te puede interesar