Cultura Vigo al minuto

A ETEA, escenario da XI Festa Veciñal de Teis

etea-festa-vecinal

A undécima edición da Festa Veciñal de Teis celébrase o vindeiro 18 de setembro nun escenario singular: a ETEA. Será para aproveitar a festa para denunciar unha vez máis o abandono destes terreos «por parte da Xunta de Galiza e do Concello de Vigo».

A Asociación Veciñal de Teis celebra esta edición cunha emotividade especial ao ser o 40 aniversario da fundación da asociación, xa que a de Teis foi unha das primeiras asociacións que se crearon no concello de Vigo durante os anos da transición política.

A festa comezará a partir das 11:30 horas da mañá ata ás 21:00 horas da noite, cunha amplo programa de actividades: o tradicional xantar e as actuacións da Banda de música de Bembrive (12.30 h), das Pandereteiras As Bubelas (17.00 h), de Airiños do Mar de Teis (18.00 h), de Cantares do Brión (19.00 h) e da Banda de gaitas Xarabal (20.00 h).

Haberá tamén actividades para os máis pequenos con contacontos ás 11:30 horas e ás 18:00 horas, así como inchábles.

A veciñanza interesada en participar no xantar debe anotarse antes no local da asociación ata o venres 16 de setembro. Toda a información no teléfono 986 261 289.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.