Comarcas

@depo_es aproba unha axuda de 140.600 € para o acondicionamento do parque da Coelleira en Gondomar

concello-de-gondomarA Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha axuda ao concello de Gondomar por valor de 140.626,82 € para o acondicionamento do parque da Coelleira, unha axuda que pertence ao Plan Concellos 2016.

Esta achega súmase á xa aprobada polo Plan Concellos con anterioridade, 354.703,53 € para a realización de obras de conservación e mantemento do material de cubrición do polideportivo municipal, para melloras enpavimentación, drenaxe e seguridade viaria do camiño de Carrasquedo de Abaixo, na parroquia de Vilaza e con destino á urbanización do espazo exterior do edificio administrativo do CDL e a realización de obras de instalacións complementarias.

Despois,28.971,46 € na liña 3 para o CMUS elemental da vila, a aula de teatro PritisGuomins, a celebración da IV Carreira a prol da Corresponsabilidade, as actividades “Gondoverán” e “Cinema da Rúa” e a realización de cursos e actividades destinadas a persoas maiores de 55 anos e, por último, 196.974,58 € destinados á contratación de 19 traballadoras e traballadores, isto último na liña 4 que o programa dedica ao emprego.

Ata agora o Plan Concellos ten acadado un investimento en Gondomar que se sitúa en 721.276,39 €, o que representa un 82,3% do total.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.