Cultura Vigo al minuto

Unha decena de cursos gratuítos en Vigo para promover a alfabetización dixital

informatica

O Concello de Vigo oferta unha decena de cursos gratuítos para iniciarse e mellorar as aptitudes da cidadanía na contorna dixital. Así, o Concello impartirá entre os meses de setembro e decembro formación en materia de Internet, redes sociais, informática básica e uso de móbiles intelixentes.

As clases terán lugar na Aula CeMIT do edificio municipal de Areal e os interesados en optar a algunha das 140 prazas dispoñibles nestes cursos -catorce vacantes por curso- xa poden anotarse, co requisito de estar empadroados no concello de Vigo. A formalización das inscricións e toda a información detallada está xa dispoñible no teléfono gratuíto 010.

O primeiro curso será de Internet, nivel Iniciación, do 19 ao 22 deste mes, en horario de 10 a 12:30 horas, sen requirirse coñecementos previos, só o manexo do rato e do teclado. Do 26 ao 30 de setembro impartirase o curso de Folla de Texto Writer, nivel Básico, no mesmo horario do anterior mais sendo necesario coñecementos básicos de informática.

En outubro se ofrecerán outros catro cursos. Do 3 ao 6, de 10 a 12:30 horas, celebrarase o curso de Folla de Cálculo Calc, nivel Básico, para persoas con coñecementos básicos de informática. O seguinte será do 10 ao 14 de outubro, de 10 a 12 horas, un Curso de Rede Social Facebook de nivel Iniciación para o que se require alumnado con coñecementos básicos de Internet. Do 17 ao 20 de outubro, de 10 a 12:30h, Curso de Folla de Presentacións Impress, nivel Básico, para persoas con nocións de informática; e do 24 ao 27, Curso de Correo Electrónico Gmail, de 10 a 12 horas, requirindo dos interesados ter coñecementos básicos de Internet.

O Concello programa para o mes de novembro un Curso de Informática e Internet básico para maiores de sesenta anos e sen coñecementos previos, de luns a xoves dos días 7 ao 17, de 10 a 12:30 horas. Tamén para maiores de sesenta, do 21 ao 24 de novembro se organiza o Curso de Utilización dos Smartphones, de 10 a 12 horas, un curso que se repite do 28 ao 30 de novembro para alumnos e alumnas para todas as idades, no mesmo horario.

A programación municipal de cursos gratuítos para este ano péchase en decembro. Os días 12, 13 e 14 do último mes do ano se impartirá o Curso de Compras por Internet, en horario de 10 a 12 horas, e unicamente requirindo dos interesados ter coñecementos básicos de Internet.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.