Deportes

Celta contra o Perfumerías Avenida Salamanca no I Memorial Paco Araújo

memorial paco araujo

O Celta de Baloncesto Feminino organiza o próximo 24 de setembro no pavillón de Navia o I Memorial Paco Araújo, unha homenaxe a todo un referente persoal e profesional do baloncesto e do conxunto do deporte vigués e galego.

O encontro enfrontará ao Celta co Perfumerías Avenida de Salamanca nun partido que servirá para que a familia do deporte galego recorde a Araújo como «unha persoa honesta e afable e un traballador incansable, un home que, con plena dedicación e paixón, ten levado a este club a estar hoxe entre as mellores entidades de deporte base de España”, salientou durante a presentación o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa.

Paco Araújo incorporouse ao Celta de baloncesto no 1996, facéndose cargo da Presidencia no 2001, posto que ocupou ata o seu falecemento.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.