Comarcas

12.000 euros en axudas para as asociacións de mulleres en Redondela

bolillos

O Concello de Redondela concederá 12.000 euros en subvencións para cofinanciar diferentes actividades promovidas polas asociacións  de mulleres de Redondela e de diferentes asociacións culturais de veciños que promoven actividades onde a muller é a protagonista.

Nesta convocatoria aprobáronse axudas a unhas 12 asociacións que propoñen actividades desde as máis tradicionais, como cociña ou bolillos, ata outras máis curiosas como taichi. A convocatoria está en fase de resolución.

Concedidas pola concellería de Muller e Igualdade, a partida orzamentaria para estas actividades incrementouse un 20% con respecto a 2015.

También te puede interesar