Vigo al día

As oito Escolas Municipais Infantís arrancan o curso con 620 prazas

guarderia3

Arranca o curso escolar nas oito Escolas Municipais Infantís de Vigo, que este ano contarán cun orzamento de 17 millóns de euros e cun maior número de prazas.

Así hai 620 prazas ofertadas para os cativos de entre 0 e 3 anos repartidas en 72 para a Escola de Costeira-Saiáns, 80 en Bouzas, 78 en Tomás Alonso, 72 en Santa Marta-Casco Vello, 82 en Atalaia-Teis, en Santa Cristina-Lavadores 76, na escola de Mestres Goldar 78 e en Navia 82.

Cun investimeno que creceu un 35% no último ano, as tarifas permanecen conxeladas dende hai tempo. Por este motivo, unha “porcentaxe elevadísima” das familias poden empregalas de balde ao ver subvencionado o servizo polo seu nivel de renda e “as que máis pagan” aboan un máximo de 124 euros ao mes.

También te puede interesar