Comarcas Deportes

A carreira máis solidaria chega a Chapela

carrea chapelaXa está aberto o prazo de inscrición para participar o próximo 16 de outubro en Chapela na Carreira Solidaria Santander, organizada en colaboración coa Cruz Vermella e co Concello de Redondela.

Haberá unha carreira senior para maiores de 16 anos de 5 quilómetros, con saída e chegada na alameda de Chapela a partir das 11.00 horas, para a partir das 12.00 horas dar paso aos máis pequenos, divididos en tres categorías, de 4 a 7 anos (200 metros), de 8 a 11 anos (400 m) e de 12 a 15 anos (750 m).

Todas as carreiras serán populares, polo tanto as marcas non contarán para ranking de corredores ainda sendo federados. O desenvolvemento da carreira farase coa colaboración da Cruz Vermella Asamblea Comarcal de Vigo. Dos 8 euros por incrición de adultos, 4 euros irán destinados á Cruz Vermella Asamblea Comarcal de Vigo e o euro de inscrición das categorías infantís destinarase integramente á mesma.

Existirá a posibilidade de que calquera persoa colabore coa Cruz Vermella Asamblea Comarcal de Vigo enviando un SMS coa palabra «CHAPELA» ao 28092. O custe da mensaxe (1,2 euros) destinarase íntegramente a Cruz Vermella Asamblea Comarcal de Vigo.

Cruz Vermella estará presente na carreira popular cunha carpa na que realizarán diferentes actividades para todos os públicos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.