Cultura Galicia

Os #RíasBaixasFests despídense con preto de 200.000 asistentes

festivales final

Os Festivais Rías Baixas despedíronse este xoves cun acto no que a banda pontevedresa de indie-pop La Casa de los Ingleses puxo a nota final.

As sete quendas dos festivais (Cultura Quente, Atlantic Fest, PortAmérica, SinSal Son Estrella Galicia, SonRías Baixas, O Marisquiño e Revenidas) reuniron a preto de 200.000 persoas, aumentando notablemente a súa asistencia respecto ás edicións anteriores.

Varios deles rexistraron as súas mellores cifras de asistencia da historia, como O Marisquiño (130.000 persoas), Revenidas (15.000) e o SonRías Baixas (16.500) e rexistraron un impacto económico total de 26 millóns de euros para os seus concellos e comarcas, nas que as ocupacións hoteleiras durante os días das súas celebracións foron dun 100% practicamente en todas as ocasións.

Por primeira vez, unha marca acolle sete dos principais festivais de verán da provincia de Pontevedra, permitindo reunir as súas sinerxías para construír unha oferta integrada de ocio e cultura moi vencellada á provincia de Pontevedra respectando as identidades propias de cada un deles.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.