Deportes Vigo al día

As escolas deportivas municipais chegan con 5.000 prazas e récord de modalidades e clubs

O programa municipal de escolas deportivas afronta o curso 2016/2017 con récord de plazas, modalidades e clubs participantes.

A tempara arrancará o 1 de setembro coa renovación de matrículas e o día 14 de xeito pautado coa apertura de prazas para novos alumnos e alumnas. A tempada durará do 1 de outubro ata o vindeiro 31 de maio.

Unha das maiores novidades é a entrada de dúas disciplinas, piragüismo e waterpolo, e a de que a tempada de vela, o remo e o kayak comezará o 1 de outubro como o resto de modalidades, cando o ano pasado foi de xaneiro a maio.

Son oito meses de actividade deportiva “a un prezo moi razonable”, como salientou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, xa que teñen un custo de 42,20 euros ao ano, salvo escalada, remo, piragüismo, vela e natación sincronizada, que ascende a 108,80 euros.

Para esta tempada incorpóranse o club de balonmán Galicia Social, o Club Piragüismo Olívico, o Club Remo Virxe da Guía e o Club de Esgrima Cidade de Vigo. Así, as escolas pasaron de 2014 a 2016 de ofertar 27 a 32 modalidades con 52 clubs, en lugar dos 44 de hai dous anos.

También te puede interesar