Deportes Vigo al minuto

As escolas deportivas municipais chegan con 5.000 prazas e récord de modalidades e clubs

O programa municipal de escolas deportivas afronta o curso 2016/2017 con récord de plazas, modalidades e clubs participantes.

A tempara arrancará o 1 de setembro coa renovación de matrículas e o día 14 de xeito pautado coa apertura de prazas para novos alumnos e alumnas. A tempada durará do 1 de outubro ata o vindeiro 31 de maio.

Unha das maiores novidades é a entrada de dúas disciplinas, piragüismo e waterpolo, e a de que a tempada de vela, o remo e o kayak comezará o 1 de outubro como o resto de modalidades, cando o ano pasado foi de xaneiro a maio.

Son oito meses de actividade deportiva «a un prezo moi razonable», como salientou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, xa que teñen un custo de 42,20 euros ao ano, salvo escalada, remo, piragüismo, vela e natación sincronizada, que ascende a 108,80 euros.

Para esta tempada incorpóranse o club de balonmán Galicia Social, o Club Piragüismo Olívico, o Club Remo Virxe da Guía e o Club de Esgrima Cidade de Vigo. Así, as escolas pasaron de 2014 a 2016 de ofertar 27 a 32 modalidades con 52 clubs, en lugar dos 44 de hai dous anos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.