A plataforma ‘Galicia Mellor sen Touradas’ ven de propoñer aos partidos políticos galegos un plan para “vetar” as corridas de touros en sete meses.
Nun comunicado, a plataforma subliña a súa proximidade nesta idea cos programas de En Marea e BNG e afirma que confía en “engadir aos deputados do PSdG a ista proposta”.
Para ‘Galicia Mellor sen Touradas” o fin da lidia de touros no territorio galego é algo “natural” posto que “en tres dos cinco concellos nos que había touros, A Coruña, Sarria e Padrón, nin os concellos nin as deputacións financian os mesmos” e esta festa “so persiste” nunha capea en Valga e, nunha feira de formato reducido, en Pontevedra, onde está a única praza de touros de toda Galicia.