Vigo al día

O comité de empresa de Althenia pide un novo concurso público de parques e xardíns en Vigo

samilO comité de empresa de Althenia, a encargada da contrata de parques e xardíns en Vigo, pide ao Goberno municipal que convoque un novo concurso público de adxudicación do servizo no que se teñan en conta cuestións económicas, pero tamén de persoal e técnicas.

Para os representantes sindicais a situación é complicada dende que se publicou o prego de condicións do concurso de adxudicacións, momento en que comezaron con mobilizacións para que se modificara “o listado de persoal a subrogar, a subcontratación e a bolsa de horas” e advertiron de que un prego no que se lle dá 94 puntos á oferta económica “traduciríase en falta de persoal e mantemento”.

Na adxudicación descartáronse dúas empresas por baixa temeraria, dándolle o servizo a Althenia por 17,9 millóns de euros, a mesma cifra que en 2004. Os técnicos municipais fixeron un informe advertindo que este importe quedaría por debaixo do custe real e non se cubrirían as zonas que figuran no prego.

A esta situación súmase a obriga xudicial de admitir a Valoriza e a volver a puntuar o prego, adxudicando a esta empresa o concurso e anulando o contrato actual con Althenia para darllo a Valoriza por 700.000 euros menos.

También te puede interesar