Galicia

A CIG reclama a reformulación «radical» dos servicios de extinción de incendios para evitar a vaga de lumes

cig vaga lumes

A CIG, respaldado por representantes de Seaga, SPDCIF, brigadas dos concellos e bombeiros, ven de denunciar a «desorganización» dos servizos de extinción de incendios forestais, unha situación que «se fixo máis evidente» durante esta vaga de lumes.

O sindicato culpa do sucedido ás políticas para o medio rural e ao modelo de xestión dos efectivos de prevención e extinción de incendios da Xunta, polo que esixen a súa “reformulación radical» coa unificación do servizo nun só ente público xunto con políticas de recuperación do medio rural.

Para a CIG o actual servizo está caracterizado pola «fragmentación» do dispositivo de extinción «nun sinfín de entes» públicos e privados, pola precarización «absoluta» dos traballadores, pola «desorganización» e pola negativa á creación da categoría de bombeiro profesional.

Tamén apuntan ao abandono do rural como unha das causas dos incendios e do achegamento do lume ás casas pola «falta de limpeza do perímetro dos núcleos de poboación, polo avellentamento ou abandono dos seus habitantes, pola falta de aproveitamento dos montes e dunha planificación forestal autonómica e a proliferación de especies de crecemento rápido.

Por estes motivos esixen que se unifique o servizo nun so ente de carácter público, galego e profesional, cun tempo mínimo de traballo garantido e con condicións laborais dignas; a expulsión das empresas privadas que convertan o lume «nun negocio» e a unificación con carácter público dos parques comarcais e bombeiros urbanos.

Os responsábeis sindicais sinalaron que unha vez máis o lume volve ser o gran protagonista do verán en Galicia, deixando un «enorme dano ambiental e económico» e xerando perigo para a poboación. Pero, aínda que «resulta evidente a intencionalidade dos incendios e da necesidade de aplicar severos castigos a quen prende lume de forma intencional», non hay «ningunha proba seria dunha trama organizada» para plantar lume como sinalan dende a Xunta.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.