RGPD - Cookies
Galicia

Casi un centenar de feridos nas estradas galegas esta fin de semana

Ambulancia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante esta fin de semana a un total de 98 persoas a causa de 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. Unha vez máis, o día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 26 accidentes.

Entre os atendidos, o 58% dos casos foron homes e o 32% tiña entre 15 e 29 anos. Por provincias, A Coruña é a que rexistrou máis accidentes con 27 sinistros de tráfico durante esta fin de semana, seguida de Pontevedra (25), Ourense (9) e Lugo (4).

En total, 86 feridos tiveron que ser trasladados a centros sanitarios, mentres que outros 12 foron atendidos no mesmo lugar do sinistro. Nesta ocasión mobilizáronse as ambulancias medicalizadas en 6 ocasións, as asistenciais en 77 e as convencionais nun, mentres que o helicóptero medicalizado tivo que asistir en 2 ocasións e os médicos de Atención Primaria en 10.

También te puede interesar