Destacados Vigo al minuto

O Anexo II do Hospital Xeral estrea a Unidade de Radioloxía, aínda que con polémica

hospital-xeral2 anexos

A Unidade de Radioloxía do Hospital Xeral iniciou este luns a súa actividade programada no seu novo emprazamento, o Anexo II do Hospital Xeral. Este servizo era prestado de xeito provisional no Anexo I, nas antigas urxencias do Xeral, que como forma parte do proxecto ds Cidade da Xustiza tivo que ser baleirado.

Para isto foi necesario realizar unhas pequenas obras de reforma na planta -4 e este luns estréanse as instalacións, “perfectamente dotadas e acondicionadas para prestar unha atención de calidade”, segundo o Servicio Galego de Saúde, que apunta que “de detectarse algunha deficiencia estrutural ou incidencia no funcionamento destas instalacións, procédese a solventala de xeito inmediato”.

Sen embargo, esta fin de semana as redes sociais recollían a denuncia con imaxes de traballadores da unidade que alertaban das pésimas condicións nas que se atopaba o servizo, con numerosos desperfectos e suciedade.

Medio centenar de pacientes diarios

Esta nova Unidade está dotada cunha sala de Raios X convencional, tres cabinas, unha sala de espera de pacientes e una zoa de estar de persoal. Nel realizaranse probas de radioloxía simple, placas de abdome, tórax e exploracións osteoarticulares, tanto programadas cunha axenda propia na que se citan medio centenar de pacientes diarios como as urxentes demandas polo PAC e polos centros de saúde da área de Vigo.

Por outra banda, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha resolución pola que se anuncia a contratación da obra de adaptación para centro de saúde e unidade de saúde mental no Anexo II do Hospital Xeral. Esta obra, cofinanciada cos Fondos Feder, ten un orzamento de 933.000 euros e un prazo de execución de tres meses.

O obxecto desta actuación é ampliar o actual centro de saúde, na planta 0, para emprazar ahí algunhas consultas de adulto do centro de saúde de A Doblada, que na actualidade ocupan espazos do centro de especialidades de A Doblada. Tamén vaise realizar obras de adaptación funcional para unificar na planta 1 as Unidades de de saúde mental de Coia, A Doblada e Lavadores.

También te puede interesar