Destacados Sucesos

Dous menores feridos en accidentes de tráfico en Mos e Parada de Sil

helipuerto02-01

Dous menores resultaron feridos nas últimas horas en sendos accidentes de tráfico nos concellos de Mos e de Parada de Sil.

Unha colisión múltiple en Mos na que se viron implicados tres vehículos deixou un balance dun neno ferido. O accidente produciuse ás 13.40 horas na N-550, a estrada que une Redondela con O Porriño, á altura dos Valos.

Ata a zona desprazáronse efectivos de Urxencias Médicas, Bombeiros do Baixo Miño, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico. Os efectivos sanitarios trasladaron o menor en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Por outro lado, unha nena de seis anos resultou ferida ao ser atropelada por un vehículo no concello ourensán de Parada de Sil. A rapaza foi trasladada nun helicóptero a un hospital.

O accidente tivo lugar en Teimende, na estrada xeral, sobre as 14.00 horas

También te puede interesar